Actualidade
Memoria de actividades de Ibermovilitas
A continuación poderá descargar a Memoria de actividades de Ibermovilitas. Mobilidade transfronteiriza no emprego..
Neste documento recóllense os obxectivos, o partenariado, as programacións, as actividades e os resultados de impacto directo deste proxecto de cooperación transfronteiriza desenvolvido entre xaneiro de 2008 e setembro de 2011.
Leer máis | enviar | 1 adxunto14 de abril (Faro). Xornada de peche do proxeto Ibermovilitas
14 de Abril de 2011
Auditorio da CCDR Algarve - Faro (Praça dá Liberdade, 2)
PROGRAMA
A Dirección Xeral de Formación e Colocación participa na campaña Sabe o que a Europa social pode facer por vostede?
Un dos eixes das políticas sociais e de emprego da Unión Europea é a conquista dunha sociedade inclusiva, integradora de todos os colectivos sociais, que fomente a cohesión social e territorial creando un entorno propicio, especialmente para a xente nova e as persoas con dificultades para a inserción laboral. Dentro deste obxectivo desenvolveuse esta campaña da Comisión Europea.
Leer máis | enviar | 1 adxuntoDeputación de Pontevedra e Unimiño promoven o IV Foro do Val do Miño Transfronteirizo
No ámbito do Proxecto CoopMinho, Reforzo da Cooperación Institucional no Val do Miño Transfronteirizo, apoiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Portugal-España (POCTEP), Unimiño, Asociación do Val do Miño Transfronteirizo, que ten como asociadas a Asociación de Municipios do Val do Miño e a Deputación Provincial de Pontevedra, promoven o próximo día 21 de maio no Balneario de Mondariz, o IV Foro do Val do Miño Transfronteirizo que conta co apoio do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.
Leer máis | enviar